mércores, 17 de febreiro de 2016


Os alumnos de 4º da  Eso elaboran o Storyboard para transformar os relatos da narrativa galega de posguerra en cómic.



luns, 16 de novembro de 2015

Na Idade Media.

Os alumnos de terceiro da eso empezan a achegarse á Idade Media. O seu traballo de investigación comeza por descifrar pergamiños e, guiados polos paleógrafos expertos de cada grupo de traballo, recoñecen nos mesmos as grafías medievais.





mércores, 9 de outubro de 2013

Novo curso

Comezamos o novo curso, e aquí temos imaxes dos alumnos de 3º da eso tratando de explicar a historia da lingua galega con figuras de plastilina.




domingo, 28 de abril de 2013

Cantigas de Santa María

Velaí tedes o resultado final do proxecto da Idade Media con 3ºda Eso, con certo retraso porque Salva évos así.....

mércores, 17 de abril de 2013

Pondal Poliédrico II

E agora xa podedes ver a vosa explicación de Pondal, incluída a impagable actuación de Manuel García:

martes, 16 de abril de 2013

Pondal Poliédrico

Nestes últimos días, o proxecto que nos ocupou foi o denominado "Pondal poliédrico", a medias entre as materias de Debuxo Técnico e Lingua Galega e Literatura. Os alumnos que cursan Debuxo Técnico realizaron 11 dodecaedros nos que despois representamos as diferentes facetas de Eduardo Pondal. 
Que relación poden ter Pondal e os poliedros? Pois nas palabras dos alumnos de 1º de bacharelato: 
- ...porque ten moitas facetas e moi diferentes, pero encaixan todas.
-... porque tiña varias caras...
-...tiña a mente moi dispersa.
-...por que "poli" significa "varios" como os seus estilos e todo o que representa na súa obra.
-... contradise, variando segundo o poema.
-... parécese a min....
-...porque tiña claro o que tiña que facer...ou iso parecía.
- .... busca que as pezas encaixen.
-....gran variabilidade nas interpretacións.
-...cada aspecto leva a outro e se falta algún, estaría incompleto.

Aquí tedes o resultado:




luns, 25 de febreiro de 2013

E para que conste que cando queredes podedes, mesmo, non berrar, unha mostra.