Velaí tedes o resultado final do proxecto da Idade Media con 3ºda Eso, con certo retraso porque Salva évos así.....
domingo, 28 de abril de 2013
mércores, 17 de abril de 2013
Pondal Poliédrico II
E agora xa podedes ver a vosa explicación de Pondal, incluída a impagable actuación de Manuel García:
martes, 16 de abril de 2013
Pondal Poliédrico
Nestes últimos días, o proxecto que nos ocupou foi o denominado "Pondal poliédrico", a medias entre as materias de Debuxo Técnico e Lingua Galega e Literatura. Os alumnos que cursan Debuxo Técnico realizaron 11 dodecaedros nos que despois representamos as diferentes facetas de Eduardo Pondal.
Que relación poden ter Pondal e os poliedros? Pois nas palabras dos alumnos de 1º de bacharelato:
- ...porque ten moitas facetas e moi diferentes, pero encaixan todas.
-... porque tiña varias caras...
-...tiña a mente moi dispersa.
-...por que "poli" significa "varios" como os seus estilos e todo o que representa na súa obra.
-... contradise, variando segundo o poema.
-... parécese a min....
-...porque tiña claro o que tiña que facer...ou iso parecía.
- .... busca que as pezas encaixen.
-....gran variabilidade nas interpretacións.
-...cada aspecto leva a outro e se falta algún, estaría incompleto.
Aquí tedes o resultado:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)